Praia de Balarés

Praia de Balarés
Praia situada na ría de Corme e Laxe, nun extremo do Monte Branco. A praia ten forma de enseada, cunha area branca e fina e ondada moderada. Durante a Segunda Guerra Mundial exportábase volframio para os alemáns, desde un embarcadoiro situado nun extremo do areal, do que aínda quedan restos.
Acceso
Desde Ponteceso, tómase a estrada -AC-424-cara a Corme. Ao chegar ao Couto, pkm -1.6 km-hai unha curva moi pechada á dereita- e en fronte, cóllese un desvío á esquerda na indicación cara a Balarés,-DP-6803- chegando á praia. (2.5 km).
Máis Información