Restos de antigas factorías baleeiras en Caneliñas

Restos de antigas factorías baleeiras en Caneliñas

Na Enseada de Caneliñas atópanse os restos de varias factorías baleeiras.
Fronte á pesca tradicional de baleas desde a costa, constatada xa en certos lugares desde a Idade Media, e tras a práctica extinción de determinadas especies no século XVIII, a comezos do século XX, con novos medios e tecnoloxías, chegarán as modernas factorías terrestres, baseadas en capturas en alta mar de especies diferentes ás tradicionais.
En 1924 constrúese a primeira das factorías en Caneliñas, unha pequena enseada, lonxe de calquera actividade e pouco accesible. No entanto, esta factoría, creada pola "Compañía Baleeira Española, S.A.", de capital noruegués, e abastecida por catro vapores baleeiros, cesaría a súa actividade en 1927.
Tras divesos avatares, nas décadas de 1940 e 1950 renacen a actividade baleeira en Galicia, e tamén en Caneliñas, da man da compañía "Industria Baleeira, S.A.", que alcanzaría o seu máximo na década de 1970, para abandonala definitivamente en 1985. As últimas instalacións da factoría, no fondo da enseada, son propiedade particular e non se poden visitar, pero si os restos das anteriores.

Acceso

Desde a estrada AC-550, entre as localidades de Gures e A Ameixenda, aproximadamente no km 34,5, hai un desvío cara a Caneliñas, cunha estrada asfaltada e en bo estado, aínda que con forte pendente. Hai que deixar o coche ao chegar ás casas e acceder desde alí a pé á enseada, onde ven perfectamente os restos das factorías.

Máis Información

Máis información sobre as factorías na web de BUXA (Asociación Galega de Patrimonio Industrial)