Vila de Fisterra

Vila de Fisterra

Son varios os elementos de interese na vila de Fisterra, como o conxunto histórico-artístico da Igrexa de Santa María das Areas (na estrada de acceso ao faro) e a Ermida de San Guillermo (nas ladeiras do Monte Facho, declarado Ben de Interese Cultural desde 1978. Hai que apuntar tamén o Castelo de San Carlos, construído a mediados do século XVIII como parte do sistema defensivo da Costa da Morte, que alberga hoxe un pequeno museo, con todo tipo de utensilios mariñeiros e artes de pesca, e que organiza actividades como visitas guiadas ao porto e á lonxa.
Das nove fábricas de conserva e salgaduras que chegaron a existir só quedan hoxe algúns restos, ou se rehabilitaron algunhas partes para novos usos. Quizá o máis famoso, neste sentido, sexa o Restaurante Tira do Cordel, situado na Praia de Langosteira, na parte máis próxima ao núcleo urbano

Acceso

Contorna urbana