Natureza e Enerxía

A relación entre a natureza e a industria faise evidente cando analizamos as fontes enerxéticas dun territorio. Materias primas como o carbón, a auga, o vento ou a forza do mar na liña costeira foron, en determinados momentos da historia, recursos moi valiosos que condicionaron a configuración e desenvolvemento dalgunhas zonas da provincia. A actividade xerada ao redor destas fontes de enerxía deron forma a unha paisaxe única e moi característica.

Desde as minas das Pontes de García Rodríguez ata a configuración do Porto de Ferrol , pasando polos saltos de auga xeradores de enerxía eléctrica ou os grandes parques eólicos. Recursos que conviven con vellos muíños de auga, de vento ou de mareas, moitos deles situados en paraxes singulares de gran beleza natural como as Fragas do Eume ou a Serra da Capelada e os seus cantís.

Empresas
  1. Fertur é unha empresa especialista no deseño, comercialización e desenvolvemento de rutas e...

  2. A Asociación Casa do Mel conta cun centro de divulgación apícola, situado en Goente,

    ...

  3. Un hotel para que te relaxes e goces mentres descobres as Rías Altas, na Comarca de Ortegal....

  4. Conservas Mar de Ardora dedícase á elaboración artesanal de produtos ecolóxicos de tempada,...

  5. O Vilar é unha casa de aldea con máis de 250 anos de antigüidade situada na ladeira do Val de...

  6. Conservas A Pureza é unha empresa de fabricación de conservas de peixe situada en Cariño, pobo...

  7. Viveiros As Torres é unha empresa de recente creación, (ano 2013) cuxo obxectivo é o cultivo de...

  8. Conservas Amieiro é unha empresa de fabricación de conservas vexetais situada na tradicional...

  9. DMC Galicia é unha marca comercial de Axencia de Viaxes Paco S.A., unha empresa de...

  10. O Hotel Fraga do Eume*** atópase no termo municipal da Capela, xunto a unha das entradas do...

Recursos

Complementa a túa visita ás empresas industriais da Coruña visitando os principais fitos turísticos, que van desde elementos histórico artísticos e culturais ata patrimonio de tipo industrial.

Pulse sobre as seguintes iconas para descubrir Recursos Complementarios vinculados a este eixo: