Área de Ponte Ulló e senda do río Sor

Área de Ponte Ulló e senda do río Sor
Ruta senderista PR-G 8, que discorre seguindo as ribeiras do río Sor, rodeando o Monte Insúa, entre as provincias de Lugo e A Coruña. Ao longo do seu trazado, enmarcado sempre pola beleza da contorna do río Sor, pásase por unha antiga fábrica de luz, un muíño e dúas telesillas mecánicas que permitían atravesar o río. É unha ruta circular, sinalizada, de baixa dificultade, non apta para bicicletas. Si se sae do Morgallón, ten un percorrido total de 9,3 km. Pódese acceder tamén por outros puntos, como a área recreativa de Ponte Ulló, cunha pequena presa e capturadero piscícola e un refuxio para pescadores, e desde a cal se pode realizar esta senda, ou ben seguir outro percorrido máis curto augas arriba, ata chegar a área recreativa de Muíños da Furada, atravesando unha ponte colgante.
Acceso
Para O Morgallón, tras cruzar o estuario desde O Barqueiro, desvío sinalizado á dereita ata Negradas, e de alí cara á Casa Lamelas, de Turismo Rural. Para a área de Ponte Ulló saír de O Porto do Barqueiro pola AC-862 cara ao sur, tomar o CP-4401 á esquerda ata chegar á poboación da Igrexa, desde a que salgue unha estrada, sen sinalizar cara a Por da Tronca e Ponte Ulló.