CASA DO MEL

CASA DO MEL

A Asociación Casa do Mel conta cun centro de divulgación apícola, situado en Goente,
localidade pertencente ao municipio das Pontes de García Rodríguez.
Alí pódese coñecer de primeira man todo o proceso de elaboración do
mel, desde a extracción ao tratamento e o envasado. Neste local, a
Asociación dispón, ademais, de espazos de xogo para os máis pequenos, para o
desenvolvemento de talleres e charlas, e unha exposición e venda de mel ao público.

Produto Turístico

Durante os fins de semana (sábados e domingos) visita libre de 16,00 a 21,00 horas.
Durante os días laborables, só visitas concertadas previamente por teléfono,
cunha tarifa de 3 euros.
Talleres de velas para nenos.