CASA RURAL O VILAR

CASA RURAL O VILAR

O Vilar é unha casa de aldea con máis de 250 anos de antigüidade situada na ladeira do Val de Mera de Arriba, a tan só 3 km da desembocadura do río Mera, no municipio de Ortigueira. A casa, construída no século XVIII, foi restaurada no ano 2003, pero segue conservando a súa estrutura orixinal. O Vilar conta cunha leira de 12.000 m² con xardín, bosque de árbores autóctonas e prados. Ademais, atópase a tan só 10 minutos das praias de Ortigueira, Cariño e Cedeira e a 15 km do Santuario de Santo Andrés de Teixido. O aloxamento, de típica construción rural galega, pódese alugar durante todo o ano, de forma completa ou por habitación.

Produto Turístico

O Vilar atópase nun espazo natural en réxime de protección especial. Pódese gozar de actividades propias da casa (sendeirismo, bicicletas, etc.) ou da zona (paseos dacabalo, quads, pesca, piragüismo, praias, montañas, etc.). Cabo Ortegal, Estaca de Bares e os Cantís de Loiba atópanse a escasa distancia deste aloxamento rural.