Castelo de San Felipe e o sistema defensivo da Ría de Ferrol

Castelo de San Felipe e o sistema defensivo da Ría de Ferrol

A situación e as condicións naturais da ría propiciaron, a partir do século XVI, o afianzamento de Ferrol como base naval militar, e xunto con iso o desenvolvemento dun complexo sistema defensivo, baseado inicialmente nos castelos, fundamentalmente os de San Felipe, no lado de Ferrol, Palma, no de Mugardos, e San Martín, que exercían un dobre papel de control de posibles invasións por terra e por mar.
E a mediados do século XVIII irase establecendo, en consonancia cos avances en materia de artillería, unha serie de baterías ao longo da liña de costa, sobre todo -aínda que non exclusivamente- na Ría de Ferrol.
No lado de Ferrol, á parte das baterías de Cabo Prioriño (Cabo Prioriño e Punta de Viñas, trasladada alí con motivo da construción do Porto Exterior de Ferrol), pódense visitar os restos da Batería de San Carlos e a Batería de San Cristóbal, convertidas hoxe en parques con magníficas vistas sobre a ría, e o Castelo de San Felipe. No lado de Mugardos consérvanse tamén algunhas baterías (Segaño, Sudova) e o Castelo da Palma (hoxe propiedade privada).

Acceso

Desde Ferrol, bordeando a Enseada da Malata, e seguindo a liña da costa pola estrada da Graña ata o núcleo de San Felipe.
Para acceder ás Baterías de San Cristóbal e San Carlos, seguir en dirección a Cariño (Cabo Prioriño); as baterías están xunto á carrretera e sinalizadas.

Máis Información

Máis información sobre o patrimonio na cidade de Ferrol e o sistema defensivo da Ría: http://www.ferrol.es/patrimoniomundial/index.html
Máis información sobre turismo na contorna de Ferrol: www.ferrol.es (Sección A Cidade)