CONSERVAS AMIEIRO

CONSERVAS AMIEIRO

Conservas Amieiro é unha empresa de fabricación de conservas vexetais situada na tradicional zona conserveira de Cariño, en cuxas instalacións se pode coñecer o proceso de elaboración das conservas vexetais e marmeladas, que constitúen a súa liña esencial de produción.

Produto Turístico

Visitas gratuítas á súa liña de produción, en galego e castelán, de luns a venres de 10,00 a 12,00 e de 15,00 a 17,30, sempre con cita previa. Para os sábados e festivos consultar dispoñibilidade.
A visita a Conservas Amieiro realízase conxuntamente coa de Conservas A Pureza, especialistas en conservas de peixe.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.