CONSERVAS LA PUREZA

CONSERVAS LA PUREZA

Conservas A Pureza é unha empresa de fabricación de conservas de peixe situada en Cariño, pobo de longa tradición na actividade conserveira. Conservas A Pureza distribúe a súa produción por toda España e está especializada en conservas de peixe en aceite de oliva, aceite vexetal e en escabeche, con materias primas de primeira calidade.

Produto Turístico

Visitas gratuítas á liña de produción, en galego e castelán, de luns a venres de 10,00 a 12,00 e de 15,00 a 17,30 sempre con cita previa. Para os sábados e festivos, consultar dispoñibilidade.
A visita a Conservas A Pureza realízase conxuntamente coa de Conservas Amieiro (especialistas en conservas vexetais).

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.