CONSERVAS MAR DE ARDORA

CONSERVAS MAR DE ARDORA

Conservas Mar de Ardora dedícase á elaboración artesanal de produtos ecolóxicos de tempada, cunha produción limitada e métodos de extracción sustentable. Garántese así, ademais do respecto ao medio ambiente, a preservación das calidades e propiedades organolépticas e nutricionais dos diferentes recursos (algas en conservas, algas deshidratadas, herbas do litoral, etc.)

Produto Turístico

Visitas guiadas á liña de produción e degustación para grupos de entre 10 e 25 persoas. Son gratuítas e pódense realizar en galego, castelán e inglés, de luns a venres en horario comercial (consultar dispoñibilidade para fins de semana).

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.