Ferrol desde o miradoiro de Caranza

Ferrol desde o miradoiro de Caranza

A presenza das instalacións militares e da industria de construción naval marca o carácter da cidade de Ferrol. Definíuselle como a "cidade da Ilustración", porque a pesar de que tanto o interese militar do seu emprazamento como a súa orixe son anteriores, como se pode observar paseando polo barrio antigo de Ferrol, é no século XVIII cando se conforma a súa fisonomía actual, co Barrio da Madalena (declarado Ben de Interese Cultural desde 1984 como conxunto histórico-artístico) como expoñente dese espírito racionalista, con cuadrículas ortogonales de dimensións e liñas puras.
Tamén ao longo do XVIII desenvolveranse, xunto ás augas da Ría, as instalacións da Armada (Arsenal, murallas da Cortina), de forma que aínda hoxe resulta difícil conseguir, desde o centro urbano de Ferrol, unha vista panorámica da ría ou dos importantes establecementos, civís e militares, da industria naval que alí existen. Para iso, un miradoiro privilexiado é o parque situado na Avenida do Mar de Caranza, desde onde se pode contemplar tanto o conxunto da ría e dos seus núcleos principais como as instalacións do estaleiro.

Acceso

Contorna urbana

Máis Información

Máis información sobre turismo na contorna de Ferrol: www.ferrol.es (Sección A Cidade)