Fervenza do Belelle

Fervenza do Belelle
A Fervenza do Belelle é un salto de auga duns 45 metros que obtén as súas augas do río Belelle. Na base da fervenza existen pozas naturais. Como case todos os ríos galegos, ten caudal todo o ano, pero no inverno e outono aumenta considerablemente, sendo a mellor época para admirala. Nas proximidades hai unha central hidroeléctrica, por iso parte do río conta cunha canle de auga. Esta central foi construída a principios de século para dotar de electricidade á cidade de Ferrol (ata ese momento non dispoñía dela) e como o salto natural só tiña 45 metros, tiveron que realizar unha canle de auga ata un punto do Monte Marraxón que tivese os 125 metros de caída. Está operativa aínda na actualidade.
Acceso
A Fervenza está situada nas proximidades da aldea de O Roxal, en Neda. Desde O Roxal tomaremos unha pista ou estrada estreita ata a Central Hidroeléctrica. Desde alí debemos ir camiñando uns centenares de metros e estaremos xa na Fervenza.
Máis Información