Miradoiro A Bailadora

Miradoiro A Bailadora
As vistas que regala o alto da Bailadora, grazas aos seus 250 metros de altura sobre o nivel do mar, son dunha gran beleza: espectacular vista da entrada da ría de Ferrol, o castelo de San Felipe e o castelo da Palma, o pobo de Mugardos e unha panorámica da cidade de Ferrol, cos seus estaleiros e o arsenal en primeira liña de costa. Todo iso enmarcado nun conxunto de antigas baterías militares, que defendían a entrada da ría desde este estratéxico enclave.
Acceso
A partir de Ares, tomar unha estrada local en dirección a Chanteiro; á altura da localidade de Cervás, tomar o desvío sinalizado cara a Montefaro e/ou o mosteiro de Santa Catalina. Tamén se pode chegar desde Mugardos, tomando a estrada ao Castelo da Palma.
Máis Información