Montefaro

Montefaro
Este monte, o lugar máis elevado situado entre as rías de Ares e Ferrol, conta cunhas vistas inigualables das poboacións localizadas ao longo desta costa: Ferrol e a entrada da súa ría, o porto exterior, os castelos de San Felipe e A Palma, A Coruña, a Marola e a costa de Mera, as bateas de Lorbé... Todo iso enmarcado nun complexo armazón de antigas baterías militares. Na entrada sitúase o mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, un monumento levantado en 1393, abandonado polos franciscanos en 1835 e convertido posteriormente nun cuartel. Conta a historia que no lugar onde foi levantado o edificio existía un altar ao sol de orixe romana ou anterior.
Acceso
Desde Ares seguir a estrada Ares-Chanteiro, ao chegar a Cervás tomar pola rúa da igrexa cara arriba pasando por Leiro ata chegar ao mosteiro.
Máis Información