Muíño de Xubia

Muíño de Xubia
En 1858 era o principal muíño do país en capacidade de produción na súa clase. Recibía o trigo en barcos do Báltico, de América e de Santander. Pero non terminou aí a súa contribución á economía da zona, e anos máis tarde este muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de cobre. A posterior perda da súa importancia económica non lle restou da súa beleza, reflectida nunha fermosa présa, recollida por un paseo de magnolios. A poucos metros desta fermosa estampa atópase o desaugadoiro do río Xubia na ponte dos Andrade, que serve como liña fronteiriza dos municipios de Narón e Neda.
Acceso

Desde Narón, pola C-642, dirección Xubia e a uns 6 km ao lado da ponte de Xubia está o muíño.

Máis Información