Poboado industrial das Veigas

Poboado industrial das Veigas

O Poboado das Veigas foi levantado por ENCASO, conformando un proxecto único coa fábrica, en 1946. Emprazado na entón estrada das Pontes a Ferrol (hoxe Avenida das Veigas), é un acabado exemplo de aplicación dos principios da cidade xardín a un poboado de empresa. O poboado está organizado ao redor dun centro cívico e un espazo libre central, na confluencia dos dous grandes eixos que dominan a composición do poboado, ocupando o centro xeométrico do conxunto, e agrupando na súa contorna os principais servizos (igrexa, escolas, economato, instalacións deportivas, etc.). Cara a este gran espazo central converxe todo o viario, que do mesmo xeito que as vivendas está claramente xerarquizado segundo as categorías laborais a que van dirixidos

Acceso

O poboado industrial está situado na Avenida das Veigas das Pontes de García Rodríguez.