Praia do Lago nas Pontes de García Rodríguez

Praia do Lago nas Pontes de García Rodríguez

Aínda que a presenza de lignito na contorna das Pontes está documentada anteriormente, non será ata o século XX cando comece a explotación, e sobre todo despois da Guerra Civil, cando a Empresa Nacional Calvo Sotelo (ENCASO) compra en 1946 e constrúe a Central Térmica (que entrará en servizo en 1949). En 1971 ENCASO cede a explotación, que será continuada por Endesa ata o ano 2007, constituíndo a maior mina ao descuberto de España, posto que chegou a xerar unha hondonada de seis km de longo por tres de ancho, case 300 metros de profundidade máxima, ademais dun vertedoiro exterior.
Desde 2008 comezáronse os traballos de restauración ambiental e o enchido da hondonada, mediante augas derivadas do río Eume, e no ano 2012 inaugurouse a que hoxe é coñecida como "Praia do Lago".

Acceso

Ao final da Avenida das Veigas pódese acceder á Praia do Lago, andando e en coche.