Presa do Eume desde o miradoiro de Teixido

Presa do Eume desde o miradoiro de Teixido

Desde o miradoiro de Teixido pódese observar a próxima presa do río Eume e o conxunto do Parque Natural das Fragas do Eume, co canón en forma de V que forma a canle do río. Hai varias formas de ascender ata o miradoiro, desde rutas que parten da mesma presa e a nivel de río, de gran dificultade tanto pola pendente como polo perigo dalgún dos tramos, ata unha ruta circular, moito máis curta e sinxela tecnicamente, que partindo do pequeno núcleo de poboación de Teixido permítenos acceder ata o miradoiro.

Acceso

Desde a AC-564 (Ferrol-As Pontes de García Rodríguez) tomar o desvío cara a Vilariño e Teixido, sinalizado. Desde a poboación de Teixido hai subir a pé cara ao Miradoiro (carreiro sinalizado con marcas azuis).