Sons do mar de ardora

Mar, paisaxes, conserveiras, secadoiros, lonxas, faros, artesanía, santuarios e as súas xentes. Son algúns exemplos do que che ofrecerá esta ruta polo corazón da Costa da Morte. Coñecerás da man dunha das tres fareiras de España a importancia do seu labor, nunha das costas con máis naufraxios do mundo. Pasearás entre as pintorescas casas de pobos costeiros de gran tradición pesqueira, onde che contarán as súas lendas, tradicións e costumes, tan antigas como curiosas. E rematarás o día asombrándote coas postas de sol máis occidentais de Europa, na hora en que os pescadores botan as súas redes ao “mar de auga tinta”, e que enseguida dá paso á escuridade total, só iluminada polas estrelas, cando se ve a “ardora”, a ardentía, o arder do Mar. Unha ruta chea de misterios que vale a pena descubrir!

 

Nº XORNADAS: 3 (3 días / 2 noches)

 PERCORRIDO: En coche

DISTANCIA: 102 km

 CONCELLOS: Camariñas, Muxía, Fisterra.

 

 
   PUNTOS DE VISITA:
      -   Museo do Alemán
      -   Cabo Vilán. Centro de Interpretación dos
          Costa da Morte
      -   Conservas Cerdeimar
      -   Faro Cabo Touriñán
      -   Porto e lonxa de Fisterra
      -   Vila de Fisterra
      -   Faro de Fisterra
 

    

 

    DESCARGAR AQUÍ MÁIS INFO SOBRE A RUTA

 

 

 

 ONDE DURMIR?                                                            

  - Casa Castiñeira

 

 

  OUTROS SERVIZOS                                                          

 - DMC Galicia 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
SE CHE INTERESA ESTE TEMA TAMÉN CHE PODERÍA GUSTAR...
 
          - Alén do mar
          - Arquitectura da agua
 
 
 
 
 
 
SE ESTÁS POR ESTAS ZONAS TAMÉN CHE PODERÍA INTERESAR...
 
          - Mulleres da Costa da Morte
          - Ruta da Olería de Buño
          - Mosaico da industria téxtil