REDEIRAS ILLA DA ESTRELA DE CORME

REDEIRAS ILLA DA ESTRELA DE CORME
Brindámosche a oportunidade de coñecer o traballo, o oficio, a cultura e a tradición das redeiras, un oficio tan importante como pouco visibilizado. A través desta visita á nave do Porto de Corme, onde se atopa o seu taller, poderás observar de primeira man e recibir a explicación de Rosa e María Jesús sobre o oficio de confección e conservación das artes, ferramentas e útiles de pesca, e a importancia que esta actividade ten para a xente do mar e as súas vidas. Ademais, dispoñen dunha mostra de innovadores produtos á venda realizados a partir de redes recicladas que che sorprenderá pola súa beleza e orixinalidade.
Produto Turístico
Demostración gratuita do cosido e reparación de redes en horario de mañán, de luns a venres. Castelán e galego. Conta tamén cunha zona de venda e exposición
Reservas
Contactar previamente para cita previa e consulta de tarifas.