ANAROSETON

ANAROSETON

Ourivaría. Situada no centro histórico de Betanzos, esta empresa conta con numerosos premios e recoñecementos aos seus traballos artesanais. É famosa pola súa coñecida colección de rosetóns do románico galego, así como polo seu Rosario de Castañas (elaborado en cobre, e que reproduce o rosario de castañas cocidas que levaban outrora colgando ao pescozo os nenos o 1 de novembro, día de Todos os Santos), e o amuleto da Castaña da Envexa. As súas pezas son elaboradas principalmente en Prata de Lei, a demanda e realízanse seguindo métodos artesanais.

Produto Turístico

Demostracións gratuítas en horario comercial, previa petición: de 11,00 a 13,00 e de 17,00 a 20,00. Galego e castelán.