Antiga fábrica de Cros

Antiga fábrica de Cros

A fábrica química Cros, creada a comezos do século XIX en Cataluña, expandiuse extraordinariamente na época da Primeira Guerra Mundial, abrindo novos establecementos industriais en diversas cidades españolas. No caso do Burgo (Culleredo), xunto á ría do mesmo nome, construíuse en 1931 unha fábrica de superfosfatos de cal para uso como fertilizantes. A súa orientación produtiva cambiaría co tempo, orientada sempre cara a un mercado fundamentalmente rexional, e a finais da década de 1980, coa creación de Ercros, S.A. (nada da fusión da Sociedade Anónima Cros e da Unión de Explosivos Río Tinto), estas instalacións abandonáronse, e boa parte das antigas instalacións foron demolidas, fóra de dous grandes edificios sobre os que se interveu recentemente para conservar os elementos estruturais

Acceso

Contorna urbana. Na confluencia da Avenida Juan Carlos I co Rúa Pintor Xullo Fernández Argüelles, xunto a un hipermercado Gadis.