BANDUA BEER

BANDUA BEER

Bandua Beer, é unha empresa nova, situada no Porto de Sada, que elabora a cervexa artesanal BANDUA. Caracterízase por non empregar aditivos químicos nin proceso de pasteurización ou filtrado. A visita ás súas instalacións permite coñecer o proceso de elaboración desta cervexa artesanal.

Produto Turístico

Visitas guiadas gratuítas de martes a sábado pola tarde, previa petición de cita, para grupos a partir de 12 persoas.
A visita, en castelán e galego, ten unha duración aproximada de 30 minutos, e inclúe unha degustación final.

Reservas

Contactar por correo electrónico.