BONILLA A LA VISTA

BONILLA A LA VISTA

Bonilla a la vista é toda unha institución no seu segmento de mercado, tanto en Galicia como fóra dela. A fábrica do polígono de Sabón, en Arteixo, permite coñecer máis a maneira artesanal na que se producen os seus produtos, tal e como viñan facéndoo os seus antepasados. O esmerado coidado nos procesos de produción fai desta empresa unha visita de indubidable interese. Os produtos de Bonilla a la vista pódense adquirir en liña e en tendas de alimentación nas principais cidades españolas.

Produto Turístico

Visitas gratuítas á liña de produción para grupos, en castelán e galego e previa petición de cita, de luns a xoves. A visita ás instalacións inclúe unha degustación final dos seus produtos.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.