CASA DE SIXTO

CASA DE SIXTO

A Casa de Sixto é unha casa rural tipicamente galega, con máis dun século de existencia. Está situada en Sas, aldea pertencente ao municipio de Paderne, a 5 minutos de Betanzos (antiga capital do reino de Galicia) e a outros tantos da praia de Miño, do Pedrido e numerosas zonas de interese turístico. Atópase dentro da Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Dispón de 8 habitacións dobres e unha individual adaptada a persoas con mobilidade reducida, perfectamente equipadas, e conta con salón con cheminea, aparcadoiro, terrazas e xardíns

Produto Turístico

Gran oferta de actividades na zona: visitas a Casa Do Mel, pesca, queserías, adegas, plantación de arces, visitas a producións
ecolóxicas, etc.