CASA GRANDE DE XANCEDA

CASA GRANDE DE XANCEDA

Somos unha pequena granxa láctea ecolóxica en Galicia. As nosas 380 vacas viven libres e felices nas 200Ha que rodean a nosa casa do s.XVIII porque estamos convencidos de que existe outra maneira máis responsable de producir lácteos! E si non cho crees pregúntalle a calquera das nosas vacas...

Produto Turístico

Recibimos visitas de particulares; para esta visita non é necesario un mínimo de persoas pero é imprescindible reservar. Realizámolas os sábados, domigos e días festivos, en horario de tarde, durante todo o ano. Tamén recibimos visitas de grupos (escolares, asociacións, concellos...); os grupos deben ser de entre 15 e 50 persoas. Tamén é imprescindible reservar e confirmar datas. O prezo da entrada é variable segundo o tipo de visita.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.