Centro histórico de Betanzos

Centro histórico de Betanzos

A cidade histórica de Betanzos, encaixada entre os ríos Mendo e Mandeo e ao final da ría da súa mesmo nome, conta cun amplo patrimonio tanto natural (Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo, Zona de Especial Conservación Betanzos-Mandeo) como cultural (están declarados Ben de Interese Cultural o conxunto do centro histórico, as murallas, o Parque de O Pasatempo e outros edificios).
Consérvanse tamén, dentro do centro urbano, algúns elementos interesantes do patrimonio industrial, como o antigo matadoiro industrial, curioso edificio construído en 1901 que estivo en funcionamento ata a década de 1970, e dedícase hoxe, rehabilitado, a centro cívico, a próxima ponte metálica da liña férrea Betanzos-Ferrol, sobre o Mandeo, e algúns restos de antigas fábricas de luz (na marxe esquerda do río Mendo á altura da Ponte Nova) ou dun secadero de lúpulo (hoxe abandonados).

Acceso

O Matadoiro atópase na confluencia de Rúa Mariña e Grupo Brigantium, moi preto da confluencia dos ríos Mendo e Mandeo. Nese mesma contorna están a ponte ferroviaria e os restos da fábrica de luz.