Conxunto etnográfico dos muíños da Costa dá Égoa

Conxunto etnográfico dos muíños da Costa dá Égoa

O conxunto dos muíños da Costa da Égoa está formado por catorce muíños en torno ao curso do río Abelleira, vinculados fundamentalmente ao moenda de trigo para o pan. Ademais da beleza da paisaxe, o conxunto é moi interesante polo seu valor didáctico, xa que se poden distinguir tres secuencias de muíños (de máis antiga a máis moderna) ata acabar nos restos dunha pequena fábrica de luz, o que posibilita comprobar a evolución e as técnicas utilizadas neste tipo de instalacións.
A maior parte dos muíños están situados nun pequeno tramo, ao que se pode acceder facilmente desde o Centro de Interpretación (que organiza, ademais, numerosas actividades), están restaurados e contan con sinalización e paneis explicativos, nunha senda facilmente transitable. Existe tamén unha ruta sinalizada (PR-G 101 Roteiro Mariñán Costa da Égoa), de aproximadamente 12 km. de lonxitude, que vai desde o núcleo urbano de Carral ata o conxunto dos muíños.
No Concello de Carral convén tamén mencionar a existencia da planta potabilizadora de Cañás, posta en funcionamento en 1908 e aínda en uso. Actualmente está xestionada por EMALCSA, Empresa de Augas de Coruña, que pode permitir as visitas en grupo e previa solicitude (Tfno. 981 154 080; E-mail emalcsa@emalcsa.com).

Acceso

Chégase ao Conxunto Etnográfico seguindo un desvío sinalizado desde o quilómetro 22,5 da estrada N-550, despois do cruzamento das Travesas.

Máis Información

Acceso libre