DUMAS OCIO Y TIEMPO LIBRE

DUMAS OCIO Y TIEMPO LIBRE

Dumas ocio e tempo libre é unha pequena empresa de actividades de turismo activo situada en Encoro de Beche (Abegondo). Dedícase ao aluguer de kaiaks (autovaciables e de travesía) e ademais do aluguer (por horas, días e mesmo por semanas), organiza cursos de navegación en kaiak e rutas.

Produto Turístico

Aluguer de kaiaks e de táboas SUP, cursos de kaiak (distintos niveis) no Encoro de Beche (Abegondo). Aluguer de kaiaks autovaciables e de travesía por toda Galicia. Rutas en kaiak polas Rías de Betanzos, Sada e Pontedeume. Grupos reducidos. Consulta de dispoñibilidade e tarifas na páxina web, contactando por teléfono ou correo electrónico.