LUTEGA. "Ruta del lúpulo y la cerveza gallega"

LUTEGA. "Ruta del lúpulo y la cerveza gallega"

Lúpulo Tecnoloxía de Galicia (LU.TE.GA), Sociedade Cooperativa Galega, é unha empresa de recente creación, que traballa na reimplantación do cultivo do lúpulo en Galicia, a súa transformación e comercialización entre os principais produtores nacionais de cervexa. A cooperativa LU.TE.GA está integrada por profesionais do mundo agrario e industrial que se agruparon apostando polo asociacionismo como filosofía emprendedora. En cinco anos, LU.TE.GA espera dispor de 20 Ha. para o cultivo de lúpulo, o que suporá unha produción anual de 40.000 Kg. de produto seco. Esta produción equivalerá a alcanzar o 5% da actual produción nacional, que se concentra case na súa totalidade na provincia de León e que é insuficiente para cubrir as necesidades de lúpulo da industria cervexeira española.

Produto Turístico

Visitas guiadas gratuítas á previa petición, de marzo a outubro (coincidindo cos días de labores agrarios: poda, esquejado, rubido con pardalera e colleita; participando nas tarefas en práctica). Visitas regulares en Semana Santa, Ponte de Maio e os meses de xuño a outubro. Prezo: segundo nº de visitantes (minimo 50€/medio día 80€/día completo). Degustación: 5€/persoa (inclúe 3 catas de cervexa e maridaxe cun petisco salgado “Bratwürste con gelatina de cervexa” e un petisco doce “torta Estrela do Camiño de chocolate, cervexa negra e espuma branca”)
Lugar de encontro (a concretar): Leira Presedo e Albergue “Xente non Camiño”.

Reservas

É necesario contactar previamente co establecemento para concertar a visita.