MARISCOS DEL NOROESTE

MARISCOS DEL NOROESTE

Situada na singular localidade de Caión, Mariscos do Noroeste atesoura máis de 25 anos de experiencia ás súas costas. Trátase dunha pintoresca depuradora e cetaria nun antigo enclave baleeiro onde distribúen e venden principalmente centolla, boi, bogavante, nécora, lagostino, mexillón, ameixa e berberechos. Mariscos do Noroeste conta cunhas magníficas instalacións, rodeadas polo mar, de máis de 800 m², que inclúen un total de 15 piscinas para estabulación de crustáceos vivos, 12 piscinas para moluscos bivalvos e unha cámara frigorífica polivalente para o produto conxelado.

Produto Turístico

Visitas guiadas gratuítas ás instalacións para coñecer os métodos empregados para a extracción do marisco. Achegarémonos ás piscinas para que poidas observar os distintos exemplares. Para grupos ou individuais, de luns a venres, previa petición de cita. As visitas pódense realizar en galego e castelán.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.