Muíño de mareas de Acea de Ama

Muíño de mareas de Acea de Ama

Os muíños de marea de Acea de Ama, datados no século XII, son os máis antigos do seu tipo en Galicia, aínda que sufriron numerosas reformas ao longo da súa existencia.
Están hoxe plenamente inmersos no tecido urbano do Burgo, aínda que conservan todos os seus elementos, e albergan hoxe salas de exposicións sobre o mundo dos muíños e un museo dedicado a Andrés Pan Vieiro, alcalde de Culleredo na década de 1920 e promotor dunha fábrica industrial de fariña, situada preto dos muíños e dedicada hoxe a edificio multiusos

Acceso

Avenida de Acea de Ama, s/n. Contorna urbana.