Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

Na cidade da Coruña atópase unha das sedes do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, na que unha das atraccións é o propio edificio onde se aloxa, coñecido como o Prisma de Cristal, galardoado co Premio Nacional de Arquitectura Nova da 9ª Bienal de Arquitectura Española.
Conta con diversas salas de exposición temáticas (Patrimonio, Innovación española, Século XX, Iberia, Miscelánea), e mesmo unha sala, denominada Maiúsculas, na que se poden mostrar pezas de gran tamaño como o primeiro acelerador de partículas construído pola Xunta de Enerxía Nuclear en 1957 ou un locomóvil do século XIX.
A cidade da Coruña conta tamén, entre outros atractivos, con algúns outros museos famosos como a Domus (Museo do Home) ou o Museo da Ciencia, e con 17 elementos ou conxuntos declarados Ben de Interese Cultural.

Acceso

Contorna urbana. Praza do Museo Nacional, 1

Máis Información

Reservas de visitas guidas en reservascor@muncyt.es