PANADERÍA DA CUNHA

PANADERÍA DA CUNHA

Está situada en pleno Camiño de Santiago (Km 55,611 Camiño Ínguas A Coruña-
Santiago) no municipio coruñes de Carral (N-550, Km 14,500) onde se elabora
o famoso Pan de Carral coñecido xa desde o s. XVIII pola súa boa calidade.
Panadería da Cunha é unha empresa  familiar dedicada á elaboración de pan,
empanadas, bollería e confeitería. Desde a súa creación en 1986, por unha
familia de panadeiros artesáns, sempre apostou pola calidade e a
tradición na elaboración dos seus produtos empregando para iso técnicas
artesanais tradicionais e materias primas da mellor calidade como as
fariñas do país moídas no seu propio muíño de pedra a partir de cereal
procedente tanto de cultivo propio como dos agricultores da zona.

Produto Turístico

Visita guiada ao obradoiro de Panadería da Cunha, para coñecer in situ o proceso de elaboración do noso Pan de Carral. Na visita os interesados percorren dous partes fundamentais a panadería: o muíño e o obradoiro de pan.
A duración aproximada é de 40 minutos.  A visita finaliza en téndaa-exposición onde, quen o desexen poderán adquirir e degustar nosa gran variedade de produtos.

As visitas son gratuítas e están destinadas a adultos principalmente. Realízanse os sábados pola mañá e en grupos reducidos (máximo 10 persoas) previa reserva de praza.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.