Torre de Hércules

Torre de Hércules

Declarada Ben de Interese Cultural desde 1931, a Torre de Hércules foi incluída, no ano 2009, na Lista do Patrimonio Mundial, por ser o único faro romano utilizado aínda para a sinalización marítima, un valioso testemuño dos sistemas de navegación da Antigüedade, e a proba da continuidade da ruta marítima do Atlántico ao longo das diversas épocas históricas.
Baixo o nome de Farum Brigantium, estímase que a construción primitiva data do século I d.C., e aínda que este faro monumental, de 55 metros de altura, sufriu numerosas renovacións e adaptacións funcionais ao longo da súa historia, incluíndo unha restauración no século XVIII que é a que lle deu a súa imaxe actual, preservouse no seu interior a estrutura romana orixinal, aínda que esta non sexa visible exteriormente

Acceso

Contorna urbana