Camiños de terra e agua

Ao sur da provincia da Coruña hai pegadas de varios camiños; os que dan forma ao histórico Camiño de Santiago, "Camiños de Terra", e os que siguen o curso do río Ulla, "Camiños de Auga". Déixate levar polos camiños de terra e auga se o que che gusta é o bo comer e o bo beber. É fácil asociar a Galicia con produtos tan afamados como o viño, os licores, o pan, o queixo, o peixe e o marisco, e como non, cos pementos de Padrón! A través destas rutas poderás coñecer estas zonas tradicionalmente agrícolas e gandeiras, e decobrir a chave da calidade de todos estes produtos gastronómicos: a terra e a auga de Galicia.

El camino literario de Rosalia



Propoñémosche un percorrido de dous días desde Ribeira a Rois, no que coñecerás os produtos alimentarios máis característicos dos lugares descritos nos famosos poemas de Rosalía de Castro. Se es amante da literatura e a boa comida esta é a túa ruta!

Ruta de queso y miel



A través desta ruta levarás a cabo un percorrido por catro concellos do interior da provincia, onde, ademais de gozar dunhas preciosas paraxes agrogandeiras durante o teu percorrido, coñecerás como se elaboran dous dos queixos máis coñecidos de Galicia, o Queixo de Tetilla e Arzúa-Ulloa Encantarache!

Sabores del Ulla



A través desta ruta circular polo municipio coruñés de Vedra coñecerás os segredos mellor gardados da elaboración dos seus queixos, pans e viños. Unha experiencia para vivir cos cinco sentidos!