Construíndo o cotián

Se es un curioso empedernido e gústanche as cousas ben feitas, non te podes perder estas rutas! Cerámica, la, vidro, coiro, prata, liño, pedra, metal... coñecerás como os mellores profesionais achegan a súa creatividade e sensibilidade para moldear infinidade de materias primas e construír verdadeiras obras de arte e prácticos útiles para o día a día. Achégache a eles, porque están a desexar compartir contigo todos os seus segredos e trucos para crear pezas únicas e singulares.

  • Cerámica del antiguo olimpo celta



    A través desta ruta vivirás de preto una das artes de maior tradición e simboloxía en Galicia, a cerámica. Propoñémosche un itinerario de varias xornadas, desde Sada ata Porto do Son, que poderás facer enteiro ou seleccionando o percorrido da comarca onde te atopes, en función da túa dispoñibilidade, e que che permitirá coñecer desde a cerámica máis tradicional, á máis innovadora

  • La industria que dibuja el territorio



    Propoñémosche un itinerario de dúas xornadas, desde Vimianzo á Coruña, que che permitirá coñecer procesos de fabricación de elementos cotiáns, tanto industriais, en actividades tan variadas como a cantería, fabricación de tellas, mobles de metal ou modelado do cristal e vidro, xunto con outras artesanais como o tratamento de peles e elaboración de artigos de coiro e fabricación de xoias.

  • Mosaico de la industria textil



    Con este percorrido pola industria e os recursos da provincia da Coruña propoñémosche que coñezas a historia da actividade téxtil, a través dunha ruta de dous días por oito concellos da Costa da Morte e A Coruña e a súa área metropolitana. Nela poderás ver actividades e industrias de gran importancia no desenvolvemento e proxección desta recoñecida actividade. Sorprenderache!

  • Ruta de la Olería de Buño



    A través desta ruta pola fermosa vila de Buño convidámosche a que coñezas unha das artes e oficios máis antigos de Galicia, a súa famosa olería. A través deste percorrido coñecerás os seus máis de máis de 400 anos de historia, e as razóns que lle outorgaron a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes.

  • Ruta de la Electricidad



    Con esta ruta de dous días por Noia, Carnota e Dumbría, coñecerás particularidades dos sistemas de produción desta forma de enerxía ao longo da historia máis recente, á vez que contemplas paraxes máxicas que "iluminarán" a túa viaxe<