O mar e os seus oficios

O mar en Galicia é xeneroso. Regálanos a súa paisaxe, o seu aroma, a súa brisa, os seus sons, os seus peixes e mariscos, mesmo as súas algas. E tamén é sustento principal de miles de familias galegas; base histórica, económica e cultural de moitos dos oficios que salpican as nosas costas: pescadores, mariscadores, percebeiros, bateeiros, redeiras, conserveiros, etc. A través destas rutas poderás achegarche a todos eles e coñecer de primeira man a súa forma de vida, a súa relación co mar, o importante papel da muller, as técnicas de pesca artesanal, os seus valores, etc. Achégache a Costa da Morte e á ría de Muros e Noia e namórache das súas xentes, das súas praias, dos seus portos, das súas vilas mariñeiras, das súas lonxas, dos seus faros.

El Xallas, a un paso del Atlántico



A través desta ruta, dun só día, brindámosche a oportunidade de descubrir unha das aldeas con maior encanto de Galicia, Olveiroa, no municipio de Dumbría. Coñecerás por dentro una das explotacións porcinas tan características desta comarca, descubrirás encoros que xeran enerxía, e paisaxes de verdes praderías salpicados de árbores autóctonas e hórreos centenarios. Respirarás a súa tranquilidade!

Mujeres de A Costa da Morte



Neste percorrido de dous días pola costa de Malpica a Laxe poderás vivir e entender o día a día dunha profesional do mar, coñecendo de primeira man o duro oficio de mariscadoras, redeiras, conserveiras… e o modo de vida destas experimentadas mulleres do mar da Costa da Morte

Sonidos del mar de ardora



Nesta ruta de tres días pola agreste costa de Camelle ata Fisterra descubrirás paisaxes e vilas mariñeiras que quedarán gravadas na túa retina para sempre. Acompañaranche as melodías que deixa o seu mar: a forza dos seus temporais, o son das sirenas dos seus faros, barcos e lonxas, o melódico son da “pedra de abalar”, o cantar das poxas nas súas lonxas, o golpear das latas na súa industria conserveira.. Agudiza os teus sentidos, e descobre todos os segredos que garda esta rica cultura mariñeira!