Natureza e enerxía

A través das singulares paraxes do norte da provincia da Coruña coñecerás como a relación entre natureza e industria condicionaron ao longo da historia a configuración e desenvolvemento do territorio, dando forma a unha paisaxe única.Descobre o Golfo Ártabro a través das belas paisaxes que nos regala a natureza, fonte inesgotable de enerxía. A través destas rutas poderás descubrir os cantís máis altos de Europa continental, os fieitos xigantes das Fragas do Eume, coquetas vilas mariñeiras, miradoiros que che deixarán sen palabras, patrimonio militar asociado á situación estratéxica do territorio, encoros tan cheos de auga como de lendas e pedras tan grandes e pesadas como encantados os seres que esconden. Ademais, poderás achegarte a conserveiras que fixeron do océano e a horta próxima a súa despensa particular, centrais eléctricas que viven da forza enérxica da auga, etc.

  1. Arquitectura del agua



    Descobre os principais atractivos da ría de Ferrol nesta ruta que che presentamos dun só día. A través dela retrocederás no tempo e coñecerás a importancia que tiveron o vento, a auga, e o mar para o desenvolvemento desta zona.

  2. Energía milenaria de Trasancos



    Esta ruta de 43 km permitirache coñecer a costa dos municipios de Narón, Ferrol, Valdoviño e Moeche. Decídete e perde de vista a túa rutina para renovar as túas enerxías en terra de Trasancos.

  3. Mas allá del mar



    O mar conducirache neste percorrido de dous días pola natureza máis salvaxe a beiras do Océano Atlántico, desde Cedeira ata a Ría de Ortigueira. Dun lado a outro, agárdache un bonito paseo por un litoral de cantís de fantásticas vistas, aderezado por saborosas conservas dos mellores produtos da zona. Non o perdas!

  4. Ruta del Eume



    Esta ruta de tres xornadas levarache desde unha vila de perfil industrial, As Pontes de García Rodríguez, á maior das exuberancias dos bosques atlánticos, atravesado polo caudaloso Eume no seu percorrido de camiño ao mar.