Reinventando a alimentación

Percorridos desde a costa ao interior da Coruña, que supoñen un luxo gastronómico para todo amante da boa mesa. A quen non lle apetece coñecer as reviravoltas dunha cetaria de Costa da Morte, unha panadería onde se fai un dos pans máis famosos de Galicia, unha innovadora empresa que aposta polas propiedades das algas, o lugar onde se elaboran as patacas fritas e os churros máis solicitados, unha fábrica artesanal de cervexa con lúpulo galego, unha queixería con Denominación de Orixe ou unha granxa ecolóxica? Pequenos luxos preparados para ti, para que goces como nunca da nosa gastronomía, e coñezas desde dentro o territorio e as empresas que os elaboran.

Dulces y lácteos del Mandeo



Esta ruta de dous días por Aranga, Curtis, Sobrado dos Monxes e Mesía, levarate polas terras bañadas polo río Mandeo, descubrindo produtos naturais e ecolóxicos, tradicionais e innovadores

La artesanía de la cerveza gallega



Este percorrido de dous días por Sada e Betanzos achegarate á historia da cervexa artesanal galega. Visitarás fábricas, ourivarías, percorrerás a Ruta do Lúpulo e gozarás da mellor cervexa artesanal

Tradición e innovación en la mesa



Propoñémosche unha ruta de dous días polos municipios da Laracha, Arteixo, A Coruña, Culleredo, Carral e Cambre, na que descubrirás como evolucionaron, a través da innovación e a tecnoloxía, diversos procesos de elaboración de produtos agrícolas e do mar. Unha experiencia inesquecible que posiblemente non vivises…aínda.