Segunda etapa do Camiño Inglés dende Cabanas
Continúa o Camiño Inglés a Compostela que promove o Concello de Cabanas a través das concellarías de Turismo e de Deportes.

Ferrolterra e Eume » Cabanas
30 Setembro
08:00
Nesta ocasión, as persoas que participan na iniciativa cubrirán a segunda etapa, entre Cabanas e Betanzos. Percorrerán pois os 21 quilómetros que separan ambos municipios nun tempo estimado de catro horas e 15 minutos.
Dende Betanzos, o Concello pon a disposición das persoas participantes un autocar gratuíto para regresar a Cabanas.
Galego