Romaría de Santa Minia
Do 24 ao 27 de setembro, celébrase a Romaría de Santa Minia, con múltiples atractivos


Terras de Santiago » Brión
27 Setembro
A Romaría de Santa Minia iníciase en Brión o domingo 24 de setembro, contando con catro intensas xornadas festivas, cunha programación de espectáculos onde destacan os seguintes:
- Actuación da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, o 24 de setembro ás 13:00 horas na carballeira de Santa Minia. Trátase dunha destacada agrupación folclórica. Espectáculo patrocinado pola Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.
- Festival de bandas de música populares, o 24 de setembro ás 18:00 horas na Praza do Concello de Brión. Un evento musical de acceso libre que reúne á Banda de Música Ateneo de Negreira, á Banda de Música de Arca de O Pino e á Banda de Música Municipal de Brión.
- Acendido da iluminación. Na carballeira de Santa Minia, simbolízase así o inicio da popular romaría ás 20:30 horas do 24 de setembro. O evento estará acompañado dun serán musical a cargo da agrupación musical Os do Fuelle de Maceda.
- Espectáculo familiar de circo e clown “LeTriska Inmobile”, na carballeira de Santa Minia. De balde e para todos os públicos, o 25 de setembro ás 17:30 horas.
- Concerto de Roi Casal, co espectáculo “Son galego, son cubano”. O 25 de setembro ás 22:30 horas na carballeira de Santa Minia. Un concerto homenaxe á figura de Xosé Neira Vilas e á emigración cubana, onde Roi interpretará cancións escritas polo recoñecido escritor inspiradas neste país caribeño que tantas ligazóns sentimentais garda con Galicia.
- Mundomandarina. A artista Laura Muñoz (Mundomandarina) presenta en Brión "Laboratorio máxico", un espectáculo de circo e clown en favor da conciencia sobre os problemas ambientais e dirixido de balde para toda a familia, o 26 de setembro ás 17:30 horas na carballeira de Santa Minia.
- Dúo musical Os Monifates, espectáculo que combina música tradicional e monicreques. Actúan o 26 de setembro ás 19:00 horas na carballeira de Santa Minia de Brión, de balde e para todos os públicos.
- Espectáculo de maxia “O afiador”. O mago Teto combina historia, tradición e maxia, de balde e para todos os públicos, o 27 de setembro ás 17:30 horas na carballeira de Santa Minia.
- A Agrupación folclórica de Brión, conformada por alumnos e alumnas das escolas municipais de música e danza, actuará no día grande da romaría, o 27 de setembro ás 19:30 horas, na carballeira de Santa Minia. De acceso libre e dirixido a todos os públicos.
Máis información aquí
Galego