Magosto

O vindeiro 17 de novembro a partir das cinco da tarde na praza do Balneario de Arteixo celebrarase un magosto popular.
As Mariñas » Arteixo
17 Novembro
17:00

O vindeiro venres, 17 de novembro, entre as 17:00 e as 20.00h celebrarase na praza do Balneario de Arteixo un magosto onde non faltarán as tradicionais castañas asadas, os xogos da rapazada, cantigas ou as caras ciscadas  das persoas asistentes. Acompañará este evento a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo, a Asociación CulturaTriskell de Armentón, o grupo de pandereteiras e cantadoras As Revolteadoras de Arteixo e colaboran a Asociación Cultural Carocos, o Concello de Vilafranca do Bierzo e o Concello de Arteixo.

Xa sabedes, no corazón da capital do municipio arteixán este venres haberá moita troula para celebrar esta tradicional efemérede, non o podedes perder!

 

Galego