XLII Concurso - Exposición de canaricultura

Dende o día 17 ata o 26 de novembro levarase a cabo no Xardín Botánico "Ría do Burgo" un concurso e exposición de canaricultura organizado pola Sociedad Coruñesa de Canaricultura. Todo aquel que o desexe, e de xeito gratuíto, poderase achegar ao Xardín Botánico e gozar destes fermosos paxaros. Os horarios e días de exposición ao público serán:
Do Luns 20 a Venres 24 de 18:00 a 21:00 horas
Sábado 25 de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00 horas
Domingo 26 de 10:00 a 12:00 horas
Ademais, conxuntamente, terá lugar o XVIII Concurso de debuxo infantil baseado no tema principal dos paxaros e de fondo a natureza. Ata o día 17 poderanse presentar os traballos que estarán expostos durante todo o evento. A entrega de premios terá lugar o domingo, día 26.
Para máis información prema aquí.