Festa do Queixo
A festa do Queixo de Arzúa, celebrada desde o ano 1976, acada a súa 43ª edición

Terras de Santiago » Arzúa
02 Marzo a 04 Marzo
O queixo de Arzúa producido artesanalmente durante séculos, ten nos días 2, 3 e 4 de marzo a súa propia festa de interese turístico galego.
Arzúa transfórmase nun espazo contemporáneo e multidisciplinar onde se reúnen arredor de 40.000 persoas. Un vieiro de acontecementos que engaden valor cultural, didáctico e económico. Gastronomía, música, cultura, tradición e innovación mestúranse nesta festa que vai máis aló da gastronomía.
Un lugar aberto e pensado para todos os públicos.
#Queixeamos? #Queixo2018
Toda a información en www.festadoqueixo.org
Galego