Visitas guiadas en Vimianzo

Durante os días festivos o castelo de Vimianzo, os batáns e muíños do Mosquetín e os dolmens de Vimianzo terán visitas guiadas e teatralizadas. Consulta os horarios
Costa da Morte » Vimianzo
29 Marzo a 01 Abril

CASTELO DE VIMIANZO
Visitas guiadas pola fortaleza descubrindo a súa historia e arquitectura defensiva. 
- Xoves 29, venres 30, sábado 31 de marzo e domingo 1 de abril (ás 11h e 18h)

Visitas teatralizadas

A compañía "Os Quinquilláns" presenta unha forma divertida e amena de achegarnos ao pasado do Castelo de Vimianzo,
- Venres 30, sábado 31 de marzo (13h/17h). Domingo 1 de abril (13h)

Mostra de artesanía ao vivo

Todos os artesáns traballan nestes días festivos para mostrar a tradición e innovación do seu labor diario. 

Máis información 

VISITAS GUIADAS AOS MUÍÑOS E BATÁNS DE MOSQUETÍN

Poderás ver en funcionamento o mecanismo dos batáns e muíños situados no lugar de Mosquetín. Un conxunto de gran interese antropolóxico e de indiscutible beleza á beira do río de Grande.

Xoves 29 (12h/16h)
Venres  30 (12h/16h)
Sábado 31 (16h)
Domingo 1 de abril (12h/16h)

RUTA TEMÁTICA DOS DOLMENS

Percorrido guiado por tres manifestacións megalíticas en territorio de Vimianzo: Pedra Cuberta, Pedra Moura e Pedra da Lebre
Sábado 31 ás 10:45 (saída en bus dende o Castelo de Vimianzo)
Actividade de obrigada inscrición, podendo facelo nas seguintes vías de contacto:
981716001

turismo@vimianzo.gal

Máis información 

 

Galego