Noite de petróglifos

Berdoias unha parroquia interesante na arte rupestre que permite ver as súas enigmáticas inscricións
Costa da Morte » Vimianzo
14 Xullo
21:30

Boallo xunto aos petróglifos do Pedrouzo fan de Berdoias unha parroquia interesante na arte rupestre. Ao caer a luz do sol é o mellor momento para ver estas enigmáticas inscricións circulares que aínda están por descifrar. Teremos a sorte de contar co Colectivo A Rula para explicar todo da mellor forma posible!

Hai prazas limitadas, así que inscríbete canto antes no correo electrónico turismo@vimianzo.gal ou a través do teléfono 981 716 001 (ext 1235) ou no castelo de Vimianzo (981 716 354).

A saída será ás 21h30 desde o castelo de Vimianzo. Esta ruta ten un custe de 3€ para adultos e gratuíta para menores de 16 anos.

Galego