Excursión en catamarán á illa de Sálvora

Excursión en catamarán con visión submarina á illa de Sálvora dende Rianxo, o mércores 8 de agosto.
excursión catamarán visión submarina Rianxo illa de Sálvora ría de Arousa
Barbanza-Arousa » Rianxo
08 Agosto

O Concello de Rianxo organiza unha excursión á Illa de Sálvora o mércores, 8 de agosto.

A saída será dende o Porto de Rianxo ás 12 h, a bordo dun catamarán con visión submarina, e o regreso dende a illa será pola tardiña. Durante a travesía e na illa, as persoas contarán co servizo de guía, así como degustación de mexillóns e bebidas.

A Illa de Sálvora, con preto de 2 Km2, forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, e atópase na entrada da ría de Arousa, fronte ao municipio de Ribeira. Entre os puntos de interese, cómpre destacar o faro, a antiga fábrica de salazón (actual centro de recepción de visitantes) a aldea da illa coa súa arquitectura tradicional mariñeira, a flora e a fauna, ou os areais.

Os billetes están á venda no Museo do Mar de Rianxo cun prezo de 18 €, e cada persoa adulta poderá levar unha menor de 12 anos de xeito gratuíto.

Consulta a actualidade do Concello de Rianxo, a información turística municipal e sigue a páxina de facebook Turismo Rianxo para estar ao día.

Rianxo, o mar feito tradición.

Galego