XII edición da Malla Tradicional en Os Casás Cerdido domingo 9 de setembro

Na parroquia de Os Casás Cerdido celébrase a XII Edición da malla tradicional, un evento que reúne a numeroso público de toda a Comarca e arredores.Trátase dunha fiel recreación dos labores da malla tradicional onde se utilizan máquinas restauradas de principios do século XX.
A poucos metros do recinto pódese visitar unha colección de máquinas catalogadas e restauradas que se atopan na nave de exposición de maquinaria antiga, haberá tamén exposición de coches clásicos. A malla popular arrancará ás 10:45 e estará acompañada de consumicións de licor de cana e viño doce. Ao seu termo, sesión vermú con un grupo musical.
Tamén haberá comida, desde as 14:30 horas (con custo de 17 €). Venderanse os billetes no toldo do campo da malla desde as 10:00. O menú inclúe paella, churrasco, criollo, liscos, cachelos, pan e sobremesa, ademais de viño, gasosa, auga e café. Os comensais serán servidos baixo carpa por parte de camareiros. O grupo musical retomará a súa actuación ás 17:00 horas.
Máis información nos teléfonos 620862538 e 649176634.